EconomíaEconomíaÚltima hora

Retómanse as viaxes en catamarán polo Canón do Sil

A empresa turística Siltrip, que ofrece travesías turísticas, anuncia o inicio da tempada o 27 de marzo

Foto cedida.

 

Volven as travesías turísticas en catamarán polo Canón do Sil da man da empresa turística Siltrip. O vindeiro sábado 27 de marzo ten previsto comezar a tempada 2021. “Despois do parón invernal, e tras atrasar unhas semanas o inicio da actividade por mor das restricións polo Covid-19, Siltrip empezará a navegar con todas as medidas de seguridade e hixiene esixidas polas autoridades para garantir o benestar dos seus pasaxeiros”, aseguran dende a empresa.

O catamarán de Siltrip conta con 11 prazas, “o que permite realizar travesías seguras e percorrer o Canón do Sil dunha maneira especial, vendo de preto os viñedos e a espectacular orografía da zona”, indican.

A viaxe ten unha duración dunha hora e o billete custa 16 euros. Tamén é posible alugar o catamarán completo con patrón; o prezo neste caso son 170 euros por hora. A reserva pode facerse directamente na web de Siltrip: www.siltrip.com. É obrigatorio reservar para navegar.

“Siltrip tamén oferta plans de enoturismo, que inclúen, ademais da travesía en barco, un paseo entre viñedos e a visita a Adega Malcavada, con opción para cear na Casa Grande de Rosende”, comentan dende a empresa.

Artigos relacionados

Back to top button