CulturaCulturaÚltima hora

Retómase a programación de cine no Teatro Lauro Olmo

 

Con “El Rey León” e “Érase unha vez Hollywood” retómase a proxección de cine comercial no Teatro Lauro Olmo do Barco. “Despois dalgunhas semanas sen películas, reiníciase a actividade con estes dous filmes”, tal e como se informa dende o Concello.

Así “El Rey León” poderá verse o venres 22 de novembro ás 19:30h., o sábado 23 de novembro ás 16:30h. e ás 19:30h. e o domingo 24 de novembro ás 16:30h. Por outra banda, “Érase unha vez Hollywood” proxectarase o día 22 ás 22:30h., o día 23 á mesma hora, o día 24 ás 19:30h. e o día 25 ás 20:45h.

 

Artigos relacionados

Back to top button