PolíticaÚltima hora

Reunión aberta dos veciños de Río para valorar a decisión do alcalde de cambiar de partido

Está convocada para este sábado ás 15:30h. na praza do Concello deste municipio

 

Este sábado 9 de febreiro ás 15:30h na praza do Concello de San Xoán de Río celebrarase unha reunión aberta a todos os veciños do municipio para que “a xente poida expresar a súa opinión sobre a decisión tomada polo alcalde, Luis Castro, co seu paso do PSOE ó PP, para entre todos ver as medidas que a veciñanza pode tomar o respecto e para crear unha resposta unitaria, clara e transparente da veciñanza ante estes feitos”, segundo a convocatoria.

Entre a poboación deste municipio existe malestar pola decisión do rexedor e por terse enterado dela a través da prensa. A día de hoxe, tanto o PP local coma o PSOE de Río non se pronunciaron publicamente ao respecto, segundo os veciños.

Pasan os días e os habitantes de San Xoán de Río din ter unha sensación de desinformación sobre o futuro político do concello sen obter resposta. Nese contexto xurde esta convocatoria veciñal para que este sábado acudan á praza do Concello e poidan expresar as súas opinións e facer un debate entre todos os asistentes de cara a organizar unha resposta unitaria.

Artigos relacionados

Back to top button