Ventura Sierra, alcalde de Vilariño de Conso, mantiña unha xuntanza na mañá do 14 de marzo coa delegada territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Marisol Díaz Mouteira. Durante a xuntanza o rexedor transmitíalle as principais preocupacións do seu municipio en relación á actividade da administración autonómica.
Díaz Mouteira continúa así, tras tomar posesión do seu cargo, a rolda de visitas polos concellos da provincia de Ourense de cara a escoitar os responsables municipais e analizar as súas demandas.