SanidadeÚltima hora

Reunión científica nacional sobre oncoloxía, na cidade de Ourense

Entre os días 13 e 14 de abril celebrarase o “II Congreso Nacional sobre RWD (Datos da Vida Real) en Oncoloxía”

 

Acto de presentación en Ourense deste encontro científico nacional.

 

Compartir os coñecementos de como extraer, avaliar e cruzar os millóns de datos, dos que dispoñen os hospitais e servizos de saúde, de todo o estado, no tratamento do cancro, é o obxectivo fundamental do “II Congreso Nacional sobre RWD (Datos da Vida Real) en Oncoloxía”, que terá lugar en Ourense os días 13 e 14 de abril.

O simposio contará con relatores de recoñecido prestixio dentro da oncoloxía, a farmacia hospitalaria, a investigación, a xestión sanitaria e a industria, que formarán parte dalgunha das cinco mesas redondas e de debate ou como ponentes das diferentes conferencias previstas.

A conferencia inaugural correrá cargo de Juan Jesús Cruz Hernández, catedrático de Oncoloxía da Universidade de Salamanca, que abordará o tema “Tratamento médico do cancro: Fitos a través do coñecemento”. Igualmente relevante será a conferencia de clausura, “Mellorando os nosos resultados en Oncoloxía: ¿Estamos a aplicar o coñecemento que a Xenómica nos ofrece?”, a cargo de Anxo Carracedo Álvarez, catedrático de Medicina Legal da Universidade de Santiago de Compostela, director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, e recoñecido experto internacional neste eido.

Esta reunión científica presentábase na mañá do 10 de abril na cidade das Burgas. O seu organizador, Jesús García Mata, a súa vez xefe do Servizo de Oncoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), destacaba que con este evento búscase servir de foro para a reflexión, entre os diferentes axentes implicados no manexo do paciente oncolóxico: oncólogos, farmacéuticos hospitalarios, administracións sanitarias e industria farmacéutica, co fin de identificar as necesidades, os resultados e ver como incorporalos para mellorar a eficacia dos tratamentos na práctica diaria.

Os hospitais dispoñen dunha inxente cantidade de datos, en base a súa experiencia asistencial no tratamento do cancro, pero a principal barreira, para convertir este valioso capital informativo en algo verdadeiramente útil, que guíe a evolución dos tratamentos dun xeito mais eficiente, é precisamente seu volume, e a falta dun sistema consensuado e fiable para a análise de datos, a súa vez compatible coa labor asistencial.

Por elo, os distintos axentes implicados no tratamento do cancro traballan, desde hai anos, na procura dun sistema, que sexa capaz de colleitar a devandita información, de maneira sinxela e uniforme. De xeito que os distintos tratamentos se baseen, ademais de nos resultados dos ensaios clínicos, tamén na súa aplicación na práctica diaria, cara a unha medicina basada na evidencia.

Os participantes neste foro científico abordarán en Ourense as variables nas que se baseou a aprobación dos fármacos; as necesidades de cara a incorporar os datos do RWD para construír unha verdadeira medicina basada na evidencia; o nivel de desenvolvemento dos Datos da Vida Real na xestión sanitaria, dos distintos servizos de saúde e hospitais; as diferentes solucións e ferramentas propostas para obter resultados de RWD no noso país e entorno; as ferramentas que está a desenvolver o Servizo Galego de Saúde neste eido e que serán presentadas neste simposio e por último nas iniciativas postas en marcha en España para analizar datos do mundo real en diferentes tumores.

No encontro contarase cunha alta participación de profesionais do CHUO, especialmente do Servizo de Oncoloxía, con Jesús García Mata; Jesús García Gómez e Karmele Areses Manrique; do Servizo de Farmacia, Belén Padrón Rodríguez, e do de Uroloxía, Dionisio López Bellido, que se suman a profesionais dos servizos de oncoloxía, farmacia hospitalaria, investigación e industria farmaceútica de todo o país.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close