OurenseÚltima hora

Reunión cos veciños de Seixalbo para consensuar as reformas na estrada OU-105

A Xunta agarda acometer as obras ao longo do ano que vén
Un momento da reunión cos veciños de Seixalbo.
Un momento da reunión cos veciños de Seixalbo.

O director e os técnicos da Axencia Ggalega de Infraestruturas, dependente da Xunta, mantiveron unha reunión cos veciños de Seixalbo para consensuar as actuacións de mellora da seguridade viaria na estrada OU-105. No encontro tamén estivo presente o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e o concelleiro responsable, xunto cunha representación dos veciños do barrio ourensán. Dende o departamento autonómico tamén avanzaron que a previsión é levar a cabo as obras no ano que vén.

Durante a reunión abordáronse as necesidades desta vía de comunicación e, posteriormente, os técnicos percorreron a devandita estrada para estudar de xeito especial tres cuestións: a intersección do acceso ao tanatorio, o acceso á parada de autobús que se atopa no lado da baixada da estrada á altura de Seixalbo e a intersección do acceso ao propio núcleo ourensán.

Tras este encontro, no que se recolleron tamén as demandas dos veciños, os técnicos da Axencia Galega de Infraestrutura estudarán a viabilidade das cuestións e procederán á redacción dun proxecto.

Artigos relacionados

Back to top button