ConcellosÚltima hora

Reunión da alcaldesa de Castro Caldelas coa delegada da Xunta en Ourense

A alcaldesa de Castro Caldelas, segunda pola esquerda, xunto á delegada da Xunta de Galicia en Ourense.

 

Dentro da rolda de encontros que a delegada da Xunta de Galicia en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, está a manter cos alcaldes da provincia, recibía na mañá do 19 de abril á rexedora de Castro Caldelas, Sara Inés Vega. Nesta xuntanza a alcaldesa transmitíalle unha serie de demandas e necesidades deste municipio.

A delegada territorial da Xunta en Ourense expresoulle á rexedora deste municipio “todo o apoio, diálogo e cooperación da Xunta” co fin de obter a coordinación necesaria coa Administración local para dar resposta ás demandas dos veciños.

Artigos relacionados

Back to top button