ConcellosÚltima hora

Reunión da alcaldesa de Trives co conselleiro do Medio Rural

 

A defensa dos montes fronte aos incendios forestais era un dos temas abordados na reunión que a alcaldesa da Pobra de Trives, Patricia Domínguez, mantiña neste mércores 29 de xaneiro co conselleiro do Medio Rural, José González. “Por parte do Concello ofreceuse a posibilidade de adecuar as instalacións do antigo centro comarcal para acoller un punto de encontro dos efectivos de prevención e extinción dos lumes”, segundo informa Medio Rural.

Ademais, nesta xuntanza, na que tamén participou o director xeral de Defensa do Monte, Tomás Fernández-Couto, facilitouse á rexedora información sobre a execución do convenio de protección das aldeas asinado coa Fegamp, ao que A Pobra de Trives está subscrito dende xullo pasado.

Así mesmo, a alcaldesa mostrou interese pola futura lei de recuperación e posta en valor da terra agraria de Galicia e por figuras como as aldeas modelo, creadas para fomentar a actividade agrogandeira nos perímetros dos núcleos de poboación dinamizando a súa economía, ao tempo que se fai prevención dos lumes, segundo indica a consellería.

 

Artigos relacionados

Back to top button