OurenseÚltima hora

Reunión da directora xeral de Comercio coa federación de comerciantes ourensá

A entidade pediulle, entre outras cuestións, que o 19 de marzo sexa festivo autonómico

fedcomerciojuntadirectiva

A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, reuníase a finais de xaneiro na capital da provincia coa directiva da Federación de Comercio de Ourense. No encontro esta entidade transmitíulle varias peticións, entre elas, a importancia de declarar o 19 de marzo (Día de San José e Día do Pai) como festivo a nivel autonómico, “pois a relevancia desta data é para este sector unha das mais importantes do ano”, segundo a federación. A directora xeral de Comercio comprometeuse a trasladar á Consellería de Traballo esta solicitude. Tamén “se acordou solicitar o apoio da Federación Galega de Comercio e doutras asociacións de comerciantes para esta reivindicación feita dende Ourense”, segundo informa a entidade ourensá.

Na xuntanza tamén se abordou a normativa do goberno central que eliminou o calendario de rebaixas, “coa conseguinte perda de valor deste termo que prexudicou tanto aos consumidores coma os comerciantes”, polo que estes últimos “solicitan tamén rectificar e regular de novo o calendario de rebaixas”, indican dende a federación. Os comerciantes tamén solicitaron á directora xeral información actualizada sobre a apertura de novos centros comerciais dentro da Comunidade Autónoma e próximos a Ourense, tema sobre o que Vázquez Abeal confirmou que non hai cursada ningunha solicitude polo momento.

Texto: O Sil/Redacción

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button