CulturaCulturaÚltima hora

Reunión da Fundación Carlos Casares co presidente da Xunta

Vén de encetarse un ano que estará especialmente centrado na figura do escritor ourensán Carlos Casares. El será o autor homenaxeado nas Letras Galegas do 2017. Para afondar na colaboración que manterá a Fundación Carlos Casares coa Xunta de Galicia con motivo do programa de actos deste ano tiña lugar o 11 de xaneiro unha reunión entre representantes desta entidade e o titular do goberno galego, Alberto Núñez Feijóo. No encontro estivo asemade o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez.

Artigos relacionados

Back to top button