Neste encontro prevese a presenza de Ferrán Tarradellas, representante da Comisión Europea, e da directora xeral de Adif, Isabel Pardo, entre outras persoas
O vindeiro 16 de marzo o salón de actos do edificio multiusos do Barco acollerá unha reunión de alto nivel co fin de clarificar as posicións con respecto ao corredor ferroviario do Atlántico.
Neste encontro prevese contar coa presenza de Ferrán Tarradellas, representante da Comisión Europea; da directora xeral de Adif, Isabel Pardo de Vera; así como de Fernando González Laxe e de Miguel Rodríguez Bugarín, asesores do Eixo Atlántico en materia portuaria e ferroviaria, respectivamente. Na cita tamén participarán empresarios de comarcas como Valdeorras e O Bierzo (León).