ConcellosÚltima hora

Reunión de asociacións veciñais, culturais e de montes da Ribeira Sacra para “contribuír á candidatura á Unesco”

Terá lugar o vindeiro 12 de marzo ás 11h. nas adegas de Vilachá de Salvadur (A Pobra do Brollón)

 

Baixo o título “Tomar a palabra na Ribeira Sacra” está convocado para o vindeiro 12 de marzo ás 11h. nas adegas de Vilachá de Salvadur (A Pobra do Brollón) un encontro aberto de asociacións veciñais, culturais e de montes con fin de “contribuír á candidatura á Unesco”.

“Varias asociacións veciñais, culturais e de montes coincidimos nos últimos meses en actos arredor da Ribeira Sacra. Destes encontros xurdiu a mesma inquedanza: como contribuír á candidatura á Unesco dende o noso saber e coa nosa opinión. O encontro quere ser un espazo para poñer en común as nosas achegas sobre a Ribeira Sacra. Trátase de compartir as inquedanzas, ver en que coincidimos e tomar a palabra”, explican.

Ademais os promotores da xuntanza din que “queremos que a nosa voz sexa tida en conta pola Administración competente na materia. O noso propósito é colaborar, promover iniciativas e fomentar o recoñecemento dun territorio habitado por xente que coida da terra, da paisaxe e do patrimonio (in)material”.

 

Artigos relacionados

Back to top button