OurenseÚltima hora

Reunión de coordinación entre a Asociación de Empresarios de San Cibrao, o Parque Tecnolóxico e o Concello

 

Intensa xornada de traballo esta mañá no Concello de San Cibrao, na que participaban o alcalde, Pedro Fernández; a concelleira e deputada Marta Nóvoa, o presidente da Asociación de Empresarios, José Antonio Rodríguez Araujo, e o xerente do Parque Tecnolóxico, Javier Taibo.

O obxectivo deste encontro era abordar o futuro de ambos os recintos, compartindo impresións e estratexias sobre como atraer empresas e mellorar infraestruturas e servizos. Foi o primeiro encontro a tres bandas entre a xestores da área industrial máis grande de Galicia e os responsables municipais, aínda que a partir de agora repetirase periodicamente.

 

Artigos relacionados

Back to top button