Publicidade
Galerías de fotosOurenseÚltima hora

Reunión de coordinación do operativo da Volta a España, na Subdelegación

As catro primeiras etapas da ronda ciclista desenvolveranse na provincia de Ourense

Continúan os preparativos de La Vuelta 2016 que se disputará do sábado 20 de agosto ao domingo 11 de setembro, coas catro primeiras etapas pola provincia de Ourense. Así, na mañá do 13 de xullo, o subdelegado do Goberno, Roberto Castro, presidía a reunión de coordinación do operativo da ronda ciclista, desenvolvida na Subdelegación.

Xunto ao subdelegado, na reunión estiveron presentes o vicesecretario xeral da Subdelegación do Goberno, dous representantes de UNIPUBLIC, o Tenente Coronel da Comandancia de Ourense, o Capitán do Subsector de Tráfico, o Xefe Provincial de Tráfico, o Inspector Xefe de Seguridade Cidadá, a Intendente Xefa e o Inspector Principal da Policía Local de Ourense, a secretaria territorial da Xunta e o Xerente do INORDE.

A xuntanza contou asemade coa presenza de diversos alcaldes, concelleiros e representantes dos municipios polos que pasa o percorrido das catro etapas da provincia.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close