ConcellosÚltima hora

Reunión de seguemento do comité de emerxencia da área do PAC de Trives

Exterior do Centro de Saúde de Trives.

 

Segundo estaba previsto, neste martes 31 de marzo celebrábase unha reunión de seguemento do Comité de Emerxencia da Área do PAC de Trives (Manzaneda, San Xoán de Río e Trives), tras a cal os concellos informaban de que “consta identificado o foco de contaxio do Covid-19 na área, do que só hai un a día de hoxe. As catro persoas afectadas atópanse estables e sen empeoramento, polo que se entende que a carga vírica a día hoxe é de baixa intensidade”.

Ademais, dende este comité recoméndase que “as persoas que presenten sintomatoloxía se poñan en contacto telefónico co Centro de Saúde”. Tamén se pide extremar as precaucións e que “se restrinxan aínda máis as saídas á rúa minimizando o contacto social”.

 

Artigos relacionados

Back to top button