EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima horaViticultura

Reunión de Unións Agrarias cos viticultores valdeorreses afectados pola xeada

Este sindicato pide unha liña de axudas directas e tamén solicitar a declaración de zona de emerxencia

Numerosos viticultores valdeorreses se daban cita na tarde do 3 de maio na reunión que convocaba o sindicato Unións Agrarias (UUAA) no Centro Cultural Avenida na Rúa. No encontro, no que participaba o secretario xeral deste sindicato, Roberto García, abordábanse dúas cuestións principais. Por unha banda solicitar a declaración de zona de emerxencia para que “legalmente sexa posible artellar medidas de bonificacións ou condonacións fiscais, de seguridade social, de créditos bonificados, etc.”, segundo García

E, en segundo lugar, plantexábase a importancia de arbitrar “unha liña de axudas directas como a que se puxo en marcha hai un ano en Ribeira Sacra”. Roberto García aseguraba ao termo da reunión en declaracións ao Periódico O Sil que ao longo desta semana se fará a cabo unha recolleita de datos por concellos para valorar o alcance dos danos en Valdeorras e, a partir de aí, presentarlle unha iniciativa tanto aos grupos parlamentarios como ao goberno da Xunta para a habilitación da partida orzamentaria e para a negociación con Madrid da zona de emerxencia.

No caso de que “non houbera contestación ao longo da semana que vén ou houbera unha oposición a un tratamento en igualdade de condicións que outras denominacións de orixe, nos plantexaríamos a o inicio dun calendario de mobilizacións”, sinalaba o secretario xeral de UUAA.

Ademais este sindicato manterá durante esta semana xuntanzas como a de Valdeorras no resto das denominacións de orixe ourensás tamén afectacas: Ribeiro, Monterrei e Ribeira Sacra.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close