EconomíaEconomíaOurenseÚltima hora

Reunión de xóvenes empresarios ourensáns en Ribadavia

O encontro, promovido polo Círculo de Xoves Empresarios, celebrarase o 13 de xuño
Lois Babarro, á dereita, no acto de presentación do encontro.
Lois Babarro, á dereita, no acto de presentación do encontro.

“É importante que as institucións saiban que hai iniciativas en marcha na provincia para poder apoialas, están dispersas pero hainas e é necesario que teñan un nexo común, para unificar e rendabilizar recursos”. Así o aseguraba Lois Babarro, presidente do Círculo de Xoves Empresarios, na presentación dun proxecto que aposta precisamente por dar a coñecer esas iniciativas: o I Encontro de Xoves Empresarios de Ourense.

Esta xuntanza terá lugar o próximo venres 13 de xuño en Casal de Armán, en Ribadavia, e prevé contar cuns 60 participantes. Con ela tamén se pretende “interactuar coas distintas institucións e xerar novas sinerxias que potencien a actividade económica na provincia”.

Previamente ao encontro, os membros del Círculo de Xoves Empresarios participarán nunha cata de viños nas instalacións de Adegas Grupo Reboreda Morgadío.

Nesta mesma presentación, Babarro referíase ao emprendemento na provincia indicando que “hai que romper co estigma de que os xoves só emprenden en novas tecnoloxías e poñer en valor aos novos adegueiros, ou a quen o intenta no rural, onde hai moitas posibilidades que aínda non están explotadas”.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button