ConcellosQuirogaÚltima hora

Reunión do alcalde de Quiroga co vicepresidente primeiro da Xunta

O alcalde de Quiroga nun dos momentos da entrevista co vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda.

 

O proxecto do novo cemiterio municipal é un dos temas que se abordaban na reunión que o alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, vén de manter en Santiago co vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, quen se comprometía a estudar o tema para poder chegar a un acordo de colaboración.

O Concello de Quiroga traballa no proxecto de construír un cemiterio, “o primeiro de carácter municipal, pola necesidade de contar cun lugar para acoller aos defuntos, posto que o cemiterio da parroquia de Quiroga xa non ten dispoñibilidade de máis terreo. A nova construción levantaríase unida ao cemiterio parroquial e comunicados entre si, aínda que o actual seguiría sendo de carácter eclesiástico e o novo, municipal”, tal e como se informa dende esta administración local.

Nesta xuntanza, na que estaba presente ademais a nova directora xeral da Administración Local da Xunta, Natalia Prieto; tamén se expuxo o tema da praza de secretaría e intervención do Concello que está sen cubrir.

Artigos relacionados

Back to top button