ConcellosÚltima hora

Reunión do alcalde do Bolo co conselleiro de Política Social

Neste encontro, celebrado en San Caeteno, abordábase o incremento da atención a persoas dependentes a través do Servizo de Axuda no Fogar neste municipio valdeorrés
O conselleiro de Política Social na reunión mantida co alcalde do Bolo en Santiago.
O conselleiro de Política Social na reunión mantida co alcalde do Bolo en Santiago.

Na mellora nos servizos de atención ás persoas que teñen recoñecido algún grao de dependencia a través do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) centrábase a reunión que mantiña o alcalde do Bolo, Manuel Corzo, co conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, na mañá do 7 de decembro en San Caetano (Santiago de Compostela).

Neste municipio valdeorrés este ano ano incrementouse este servizo en 70 horas até chegar a un total de 781 horas. Ademais, O Bolo conta cunha residencia de iniciativa social con 54 prazas, das cales 13 son financiadas con fondos públicos.

Esta entrevista enmárcase na rolda de contactos que Rey Varela está a manter cos rexedores dos concellos de Galicia coa finalidade de coñecer de primeira man as necesidades e a situación dos servizos e atencións sociais en cada un deles; así como de expoñer as liñas estratéxicas que guiarán a actuación da Consellería de Política Social ao longo do vindeiro ano.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close