SanidadeÚltima hora

Reunión do Colexio de Médicos de Ourense cos facultativos valdeorreses

O encontro tiña lugar no salón de actos do Hospital Comarcal Valdeorras no Barco, despois dun pleno ordinario desta entidade profesional
O presidente do Colexio de Médicos de Ourense (o primeiro pola dereita), xunto a outros dous membros da xunta directiva no Barco./ Foto: Ángeles Rodríguez.
O presidente do Colexio de Médicos de Ourense (o primeiro pola dereita), xunto a outros dous membros da xunta directiva no Barco./ Foto: Ángeles Rodríguez.

A nova xunta directiva do Colexio Médico de Ourense, que preside José Luis Martínez, reuníase seus colexiados en Valdeorras na tarde do 24 de novembro no Hospital Comarcal Valdeorras. Neste encontro, ademais de presentarse como novo equipo directivo amosaron a súa disposición de achegar as actividades e os servizos que se prestan dende esta entidade profesional aos colexiados desta zona da provincia.

A reunión tivo lugar no salón de actos do Hospital Comarcal Valdeorras (HCV)./ Foto: Ángeles Rodríguez.
A reunión tivo lugar no salón de actos do Hospital Comarcal Valdeorras (HCV)./ Foto: Ángeles Rodríguez.

Nese senso, no decurso da xornada presentábase xa un operativo de videoconferencia co que, a partir de agora, todas as sesións e conferencias que se desenvolvan na sede colexial, situada na cidade de Ourense, poderán ser seguidas en tempo real dende O Barco, “posibilitando ademais a participación directa nas mesmas dos médicos interesados”.

Operativo de videoconferencia que porá en marcha o colexio a partir de agora no Barco e que se probou xa nesta reunión./ Foto: Ángeles Rodríguez.
Operativo de videoconferencia que porá en marcha o colexio a partir de agora no Barco e que se probou xa nesta reunión./ Foto: Ángeles Rodríguez.

Previamente ao encontro cos facultativos, tiña lugar tamén no Barco un pleno ordinario da xunta directiva do Colexio de Médicos de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close