PolíticaÚltima hora

Reunión do comité provincial de campaña do PP en Valdeorras

Con esta xuntanza vén de completarse o calendario de encontros cos nove partidos xudiciais ourensáns

Reunión do comité provincial de campaña do PP no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.
Reunión do comité provincial de campaña do PP no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

A falta de 72 días para a celebración das eleccións municipais de maio, na tarde do 13 de marzo no Barco concluían as reunións que o comité provincial de campaña do PP estivo mantendo durante os meses de febreiro e marzo cos candidatos dos diferentes partidos xudiciais da provincia. Estaban destinadas a enriquecer os contidos do Programa Electoral Marco Provincial do PP de Ourense, que será presentado o vindeiro día 31.

Neste encontro, celebrado na sede do PP barquense, participaban os candidatos e presidentes locais dos concellos integrantes da Xunta Electoral de Zona de O Barco de Valdeorras. Na reunión fixeron fincapé na necesidade de potenciar e promocionar os dous sectores de referencia da economía de Valdeorras: a lousa e o viño. Tamén mencionaban a potencialidade turística do Camiño de Inverno, ruta xacobea que entra en Galicia pola comarca de Valdeorras.

Artigos relacionados

Back to top button