Política

Reunión do comité provincial electoral do PSdeG no Barco

PSOEValdeorras

PSOEValdeorras2

Incentivar o emprego e mellorar a competitividade das empresas, co que os fondos comunitarios destinados a tales obxectivos deberían incrementarse de forma considerable. Esta será a máxima prioridade para os socialistas ourensáns nas vindeiras eleccións europeas. Así se poñía de manifesto na reunión que celebraba no Barco o 24 de abril o Comité Provincial Electoral do PSdeG.

Este comite socialista esixe á Xunta de Galicia que os fondos comunitarios destinados ás políticas activas de emprego se distribúan en función de criterios obxectivos e non por intereses políticos e partidistas, como sucede na actualidade.

No encontro interviñan o secretario provincial, Raúl Fernandez, así como os deputados autonómicos provinciais do PSdeG, Pachi Vázquez, Mª Carmen Acuña e María Quintas.

É a cuarta reunión comarcal que promove o Comité Provincial, tras as celebradas en Ourense, O Carballiño e Ribadavia, e que continuarán mañá en Celanova, e nos próximos días en Castro Caldelas.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button