ConcellosÚltima hora

Reunión do Consorcio de Turismo de Valdeorras

Un dos momentos da reunión.
Un dos momentos da reunión.

Un plan director. Esa é a prioridade para o Consorcio de Turismo de Valdeorras, unha entidade que se reunía no Concello da Rúa na tarde do 18 de marzo na Rúa contando coa presenza do xerente do Inorde, e que acordaba formar unha asociación de municipios para poder levar adiante con máis facilidade ese proxecto. Así o adiantaba o presidente deste consorcio valdeorrés e alcalde da Rúa, Avelino García. Nun principio, desta asociación de municipios formarían parte os concellos da comarca de Valdeorras e Manzaneda. “Deste xeito tamén se deixa a porta aberta a que podan incorporarse os outros tres concellos da comarca de Terra de Trives”, sinalaba Avelino García. O obxectivo é poder presentar xa o plan director no vindeiro mes de novembro.

Foto: Carlos G. Hervella
(Máis información na edición en papel de abril do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button