OurenseÚltima hora

Reunión do delegado da Xunta co novo comandante da Garda Civil da Comandancia de Ourense

 

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, continúa coa súa rolda de encontros institucionais tras tomar posesión como novo representante da administración autonómica na área territorial.

Nesta ocasión, recibiu esta mañá no seu despacho ao novo comandante da Comandancia da Garda Civil na provincia ourensá, José Benito Fernández Santamaría, natural de Verín. O representante do Goberno galego mantivo así o seu primeiro encontro institucional con Fernández Santamaría desde que tomou posesión en Ourense, no mes de febreiro, na Xefatura de Persoal e Apoio de la Comandancia de Ourense.

Gabriel Alén agradeceulle a visita e amosoulle os mellores desexos para a nova encomenda que principiou en Ourense.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button