OurenseÚltima hora

Reunión do presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil co alcalde de Ourense

Reunión entre o alcalde de Ourense e o presidente da CHMS.

Na mañá do 19 de outubro o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS), José Antonio Quiroga, mantiña unha reunión de traballo co alcalde de Ourense, Xesús Vázquez. Durante o encontro, Quiroga transmitíalle a súa preocupación pola problemática de verquidos recurrentes ao río Barbaña e pola incidencia dos restos de lixo dos feirantes, que acaba chegando ao cauce. Tamén abordaban cuestións como a do proxecto de ascensor en Avilés de Taramancos, que está sendo estudado por técnicos de ambas institucións.

Pola súa banda, o alcalde de Ourense manifestoulle ao presidente da CHMS a necesidade de manter os asuntos clave en materia de cooperación institucional pendentes na cidade, como pode ser a limpeza de varios tramos de ríos urbanos. Así, solicitou a colaboración do organismo de conca na limpeza dos ríos Loña, Miño e Barbaña, e nos regachos Dous Muiños, Vistahermosa e Valdorregueiro. O presidente comprometeuse a enviar a persoal técnico da Comisaría de Augas para estudo, valoración e, no seu caso, execución.

Artigos relacionados

Back to top button