DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Reunión do presidente da Federación Galega de Atletismo con representantes do atletismo valdeorrés

Ata O Barco desprazábase na tarde do 8 de novembro Isidoro Hornillos, presidente da Federación Galega de Atletismo (FGA) no marco do proceso electoral que se está a desenvolver nesta entidade e no que opta á reelección. Mantiña unha xuntanza na aula do pavillón polideportivo de Calabagueiros con responsables de clubs  da zona (como é o caso do Adas e do Atletismo Rúa), así como con atletas e representantes da Delegación Valdeorras da FGA.

O proceso electoral no que está inmersa a federación concluirá na asemblea que esta entidade celebrará o vindeiro 10 de novembro. Ao ser a de Isidoro Hornillos a única candidatura que opta á presidencia, proclamarase provisionalmente, sen necesidade de votación.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Isidoro Hornillos durante a súa intervención./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button