OurenseÚltima hora

Reunión dos mandos do V Batallón de Intervención de Emerxencias da UME co subdelegado do Goberno en Ourense

 

Neste 19 de setembo o subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González Afonso, recibía a visita institucional do tenente coronel xefe do V Batallón de Intervención en Emerxencias da UME, José Alberto Barja, e do comandante da mesma unidade, Javier Trevín.

No decurso do encontro o subdelegado do Goberno agradeceu os esforzos realizados por esta unidade ante todas as situacións de emerxencia que se producen na provincia de Ourense.

Así mesmo, salientou o importante apoio e colaboración da UME para paliar os últimos incendios que se produciron na provincia, especialmente no que tivo lugar no concello de A Gudiña, que chegou a ter activo o nivel 2 de alerta pola cercanía a núcleos habitados.

Artigos relacionados

Back to top button