OurenseÚltima hora

Reunión dos representantes provinciais da hostalaría, do turismo e da restauración, no Concello de Ourense

Reunión do alcalde de Ourense cos representantes provinciais da hostalaría, do turismo e da restauración.

 

Na mañá deste mércores 18 de novembro, o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibía na sala de xuntas da Alcaldía aos representantes do sector da hostalería, turismo e hospedaxe, e restauración, encabezados polo presidente de la Confederación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Ourense, Ovidio Fernández Ojea.

O rexedor escoitou as demandas e obxectivos da asociación, especialmente lastrada pola situación de pandemia, e comprometeuse a facer o posible por axudalos neste contexto.

Ademais de Pérez Jácome e Fernández Ojea, á reunión asistían José Carlos Vazquez Soto, vicepresidente da Confederación Provincial de Empresarios de Hosteleria e Turismo de Ourense e presidente da Asociación Provincial de Hospedaxe; Daniel Martínez Pérez, presidente da Asociación Provincial de Restaurantes; José Pérez Seara, tesoureiro da CPEHT; e Hilario Airas Besteiro, secretario da CPEHT.

 

José Carlos Vazquez, Ovidio Fernández, Daniel Martínez, Gonzalo Pérez, José Pérez e Hilario Airas.

Artigos relacionados

Back to top button