PolíticaÚltima hora

Reunión en Trives do comité de campaña do PP de Ourense

No encontro ofrecíase información detallada do proceso electoral, ademais de deseñar os actos que se celebrarán ao longo da campaña electoral
Participantes na reunión do comité de campaña do PPOU en Trives.
Participantes na reunión do comité de campaña do PPOU en Trives.

Os alcaldes, voceiros e presidentes locais do PP dos concellos pertencentes á xunta electoral de Trives eran convocados na tarde do 8 de outubro a unha reunión co comité de campaña das eleccións xerais do PP de Ourense. O encontro estivo presidido polo coordinador de campaña desta formación política na provincia, Rosendo Fernández.

No decurso do encontro, celebrado na sede do PP en Trives, os asistentes recibían información detallada do proceso electoral, ademais de deseñar os actos que se celebrarán ao longo da campaña electoral.

Na terceira semana de outubro o PP ourensán ten previsto concluír con este tipo reunións nas xuntas electorais da provincia, estando previstas para os próximos días as correspondentes as zonas de Verín, O Carballiño, Ribadavia e Bande, segundo se avanza dende este partido.

Artigos relacionados

Back to top button