ConcellosÚltima hora

Reunión entre o presidente da Fegamp, Alfredo García, e membros da Mesa pola Normalización Lingüística

Neste encontro os representantes da Mesa entregábanlle ao alcalde barquense a "Guía para o uso do galego na Administración Local (2019-23)"

O presidente da Fegamp na reunión cos representantes da Mesa pola Normalización Lingüística./ Foto cedida.

Marcos Maceira e Celia Armas, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística e responsable de Abertos ao galego, respectivamente, mantiñan un encontro este mércores 13 de novembro con Alfredo García, actual presidente da Fegamp (Federación Galega de Municipios e Provincias) e alcalde do Barco, co fin de presentarlle a súa  “Guía para o uso do galego na Administración Local (2019-2023) “nun intento de que os concellos asuman o compromiso de impulsar políticas activas en favor do galego e doten con recursos a planificación lingüística do concello, con actuacións transversais en todas as áreas municipais procurando o incremento do uso e prestixio da lingua propia de Galiza”, segundo esta entidade galega.

Segundo se informa dende a Mesa, Alfredo García adquiriu o compromiso de “facerlle chegar a guía a cada un dos representantes dos concellos galegos que participarán na asemblea de la Federación Galega de Municipios e Provincias o próximo 29 de novembro”.

Na xuntanza, os representantes da Mesa tamén quixeron lembrar que os concellos galegos teñen o “dereito e o deber de impulsar o proceso de normalización da lingua galega como lembra o artigo 5 do Estatuto de
autonomía”.

 

Artigos relacionados

Back to top button