EconomíaEconomíaÚltima hora

Reunión do GDR de Valdeorras, na Casa Grande de Viloira

Os membros desta entidade analizaban as propostas presentadas por catro empresas para elaborar o proxecto deste GDR de cara ao vindeiro programa Leader

 

Un dos momentos da reunión do GDR-7 na Casa Grande de Viloira./ Foto: Ángeles Rodríguez.
Un dos momentos da reunión do GDR-7 na Casa Grande de Viloira./ Foto: Ángeles Rodríguez.

 

O Grupo de Desenvolvemento Rural de Valdeorras (GDR-7) reuníase na tarde do 11 de abril no salón de actos da Casa Grande de Viloira. O obxecto deste encontro era analizar as propostas de empresas para seleccionar entre elas a que se encargará de realizar o proxecto deste grupo de cara ao  vindeiro programa Leader ou “Plan de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020”.

Esta entidade (que agrupa aos nove concellos da comarca de Valdeorras así como a representantes empresariais) recibía catro propostas de empresas, tal e como informaba a súa presidenta, a alcaldesa de Carballeda, María Carmen González. A empresa que resulte elixida terá catro meses por diante para elaborar o proxecto, que deberá presentarse ante a Consellería do Medio Rural o vindeiro 2 de xuño.

Na reunión participaban os representantes dos concellos valdeorreses./ Foto: Ángeles Rodríguez.
Na reunión participaban os representantes dos concellos valdeorreses./ Foto: Ángeles Rodríguez.

 

Na reunión participaban os alcaldes do Barco, Larouco, Petín, Vilamartín, Rubiá, A Veiga, así como as alcaldesas de Carballeda e A Rúa e o tenente de alcalde do Bolo.  En cambio, os representantes da Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) e do Clúster da Pizarra de Galicia delegaban na reunión e non acudían.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close