SanidadeÚltima hora

Reunión multidisciplinar “Galisepsis 2014”

Este foro, que se celebra en Santiago, está promovido polos servizos de Medicina Intensiva dos Complexos Hospitalarios Universitarios de Ourense e A Coruña
Cartaz do foro "Galisepsis 2014".
Cartaz do foro “Galisepsis 2014”.

As últimas tendenzas en diagnóstico e tratamento da sepse serán analizadas o 6 de novembro en Santiago no marco de “Galisepsis 2014”, un encontro de facultativos dos servizos de Anestesia, Coidados intensivos, E. Infecciosas, Urxencias e Farmacia. Esta xornada está organizada polos Servizos de Medicina Intensiva dos Complexos Hospitalarios Universitarios de Ourense (CHUO) e A Coruña (CHUAC).

Entre os relatores deste foro, no que se abordarán os últimos avances sobre esta patoloxía, figura Pablo Vidal Cortés, de Medicina Intensiva do CHUO, quen intervirá pola tarde na meda redonda “PRO-CON Protocolos de sepse”.

A sepse é unha grave patoloxía causada pola infección xeneralizada do sangue, de elevada mortalidade na que a aplicación precoz de tratamento amplía en gran medida as posibilidades de supervivenza. Prodúcese cando o corpo, como resposta a unha infección, que pode ser moi común, lesiona seus propios tecidos mediante unha resposta inflamatoria e, nos seus casos máis seveiros, provoca un fallo agudo dos órganos, provocando un shock ou fallo multiorgánico, ou dando lugar a hipotensión, no que se coñece como Shock Séptico.

Mostra da súa elevada incidencia, no CHUO diagnostícase unha media de dous novos casos diarios de sepse, “superando a súa mortalidade á causada polo infarto de miocardio, ou polos cancros de mama e intestinais xuntos. Pese a elo, recentes avances no seu diagnóstico e tratamento abren novas vías para esperanza, xa que seu diagnostico e tratamento precoz, nas primeira horas, pode reducir ata un 10% o risco de mortalidade, que aumenta por cada hora sen tratamento ata chegar incluso a un 60%”, tal e como se informa dende o Sergas.

Para facerlle fronte a esta doenza o CHUO conta desde o ano 2012 cunha Unidade Multidisciplinar de Sepse, que vencellada ao Servizo de Medicina Intensiva, “ten por obxectivo coordinar os esforzos asistenciais e promover seu coñecemento, como vía para avanzar na súa detección e tratamento precoz, de momento única vía para reducir a súa letalidade”, citando ao Sergas.

Artigos relacionados

Back to top button