Reunión na Deputación sobre o arranxo da estrada vianesa de San Agostiño

Ao encontro, convocado polo organismo provincial, só asistían os representantes socialistas e nacionalistas na comisión municipal para a mellora deste vial

Estrada de San Agostiño, en Viana do Bolo./ Foto: Carlos G. Hervella.

No Pazo Provincial tiña lugar o pasado venres 8 de febreiro unha xuntanza entre a Deputación e a comisión municipal creada para abordar o arranxo da estrada de San Agostiño (Viana do Bolo). Os socialistas vianeses, promotores desta comisión aprobada no pleno municipal, manifestaban tras o encontro a súa sorpresa ante a ausencia dos concelleiros do PP, así como do alcalde (aínda que si asistía un concelleiro do BNG), “a pesares da importancia dos acordos para a nosa bisbarra”.

Tamén informan de que o custo total dos “24,44 km. da estrada, que corresponde o Concello de Viana, ascende a 1.125.119,29€. Diste importe, Endesa-Enel, aportará un 50% , correspondendo a Deputación e o Concello o outro 50%. Ao non estar o alcalde na xuntanza, non se pudo barallar os importes a repartir entre a Deputación e o Concello, é por elo, que vai recibir o Concello un escrito de compromiso sobor do importe que está disposto a aportar. Unha vez se pronuncie o Concello, a Deputación dará a coñecer a súa aportación”, adiantan.

Dende o PSdeG vianés tamén matizan que “este é un orzamento, logo, cando se producen as licitacións, as puxas fanse con rebaixas moi significativas, a media ronda o 30%, polo que o custo final vaise reducir e por tanto, a aportación que ten que facer o Concello”.

Ademais os socialistas piden ao Concello que “non se poñan máis atrancos nin se agoche ante iste acordo que vai por fin a anos de abondono e padecementos dos nosos veciños” e adiantase que van seguir traballando para lograr un acordo.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies