OurenseÚltima hora

Reunión na Subdelegación do Goberno sobre o reforzo da seguridade no actual nivel 4 de alerta

Un dos momentos da reunión.

O subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, presidía na capital da provincia na mañá do 12 de setembro unha reunión para para avaliar e incidir na coordinación das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e da Policía Autonómica en relación coas medidas de reforzo da seguridade aplicadas no actual nivel 4 de alerta.

No encontro, estiveron presentes o tenente coronel accidental da Garda Civil, Jesús Gómez, o comisario xefe provincial do CNP, Antonio Álvarez, o inspector xefe da Unidade Adscrita do CNP, Breogán Ribo, Juan Antonio Padrón, xefe da Brigada de Información do CNP e o secretario Xeral da Subdelegación do Goberno, Manuel Arias.

“Afondar na implicación, si cabe aínda maior da existente, das policías locais da provincia no actual nivel de seguridade foi un dos temas que se tratou polo miúdo nesta reunión. O obxectivo non é outro que o de incorporar, dentro das súas competencias, as capacidades destes Corpos ao desenvolvemento das medidas recolleitas no Plan de Prevención e Protección Antiterrorista, promovendo reunións das Xuntas Locais de Seguridade nas que se leve a cabo unha análise de riscos que permita valorar a instalación de medidas pasivas de seguridade”, segundo se informa dende a Subdelegación do Goberno en Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button