EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Reunión no CRDO Valdeorras para reactivar a ruta do viño

A asociación deste roteiro renovará a súa xunta directiva nunha asemblea prevista para primeiros de novembro
Un dos momentos da reunión celebrada no CRDO Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.
Un dos momentos da reunión celebrada no CRDO Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.

A necesidade de renovar a composición da Asociación da Ruta do Viño de Valdeorras era unha das cuestións que se poñía sobre a mesa na reunión que se mantiña na tarde do 24 de outubro na sede do consello regulador valdeorrés, en Vilamartín. Nela participaban o presidente da D.O. Valdeorras, Francisco García, e membros e socios da actual xunta directiva da citada asociación. Co fin de configurar un novo equipo directivo da Asociación da Ruta do Viño de Valdeorras celebrarase unha asemblea o vindeiro 3 de novembro.

Un dos primeiros obxectivos da directiva que resulte elixida será formalizar a adhesión do organismo ao Clúster do Turismo de Galicia, co obxectivo de integrarse posteriormente na marca “Enoturismo de Galicia”, que foi presentada publicamente a semana pasada en Santiago e que conta coa participación das outras catro rutas do viño galegas (Rías Baixas, Ribeiro, Ribeira Sacra e Monterrei).

Artigos relacionados

Back to top button