OurenseÚltima hora

Reunión para abordar o Plan de Sustentabilidade Turística para o destino “Ourense Provincia Termal”

A xuntanza tivo lugar hoxe, 19 de agosto, e nela participaron alcaldes de trece concellos da provincia ademais de membros da deputación provincial

A xuntanza mantida hoxe, 19 de agosto, no Centro Cultural Marcos Valcárcel. / Foto: cedida.

 

O Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense acolleu hoxe, 19 de agosto, unha reunión para abordar o Plan de Sutentabilidade Turística para o destino “Ourense Provincia Termal”. Á xuntanza acudiron o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, e a técnica que dirixirá a candidatura de fondos, Carmen Pardo. Tamén estiveron presentes os alcaldes de Arnoia, Bande, Boborás, Baños de Molgas, Cortegada, Cenlle, Castrelo de Miño, Carballiño, Leiro, Lobios, Monterrei, Muíños e Ribadavia.

A Deputación de Ourense está a elaborar o Plan de Sutentabilidade para Ourense mediante a Fundación Juana de Vega. Na iniciativa colaboran a Xunta de Galicia, o Goberno de España e as entidades locais e busca reactivar o sector turístico mediante plans de actuación respectuosos co medioambiente, o territorio e a economía. Segundo afirmou Rosendo Fernández durante a reunión, o obxectivo é “facer despegar os nosos territorios termais en Ourense e conseguir este financiamento que pode ser vital”.

O sector turístico está a ser un dos máis afectados pola pandemia do coronavirus e esta é a razón pola que o Goberno de España abre o prazo para presentar candidatura para estos Plans de Sustentabilidade. Este proxecto permitirá recuperar e manter a demanda turística.

Artigos relacionados

Back to top button