OurenseÚltima hora

Reunión de seguridade co subdelegado do Goberno para o encontro España-Exipto de fútbol sala

O partido de preparación do Mundial Colombia 2016 xogarase no Pazo dos Deportes de Ourense o día 28
Un momento da reunión desta mañá na Subdelegación do Goberno en Ourense.
Un momento da reunión desta mañá na Subdelegación do Goberno en Ourense.

O subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, presidiu esta mañá a reunión para abordar o operativo de seguridade de cara o encontro amigable entre as seleccións de fútbol sala de España e Exipto. O partido terá lugar no Pazo dos Deportes Paco Paz o vindeiro 28 de xullo.

Nesta xuntanza estiveron presentes o vicesecretario xeral da Subdelegación do Goberno, o delegado en Ourense da Federación Galega de Fútbol, un representante do Comité de Fútbol Sala Galicia, o responsable do destacamento da Garda Civil de Tráfico de Verín, o xefe de Seguridade Cidadá da Comisaría Provincial de Ourense e o inspector principal da Policía Local de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button