OurenseÚltima hora

Reunión do subdelegado do goberno con membros da Asociación Unión de Guardias Civiles de Ourense

Na mañá do 7 de marzo o subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, recibía no seu despacho a Benito Bouza, secretario xeral da Asociación Unión de Guardias Civiles de Ourense, e a José Manuel Salpurido, enlace asociativo, da mesma asociación.

 

Ámbolos dous gardas civís expoñíanlle ao subdelegado diversos asuntos relacionados coa seguridade cidadá como son o número e o despregue territorial de efectivos na provincia. Así mesmo, tamén requiriron do subdelgado a súa mediación para que o proceso de entrega de chalecos sexa máis áxil e rápido, segundo se informa dende a Subdelegación do Goberno en Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button