OurenseÚltima hora

Reunión do subdelegado do Goberno en Ourense cos tenentes coroneis Orentino Varela e Jesús Gómez

O subdelegado do Goberno, cos dous tenentes coroneis.

Con motivo da súa marcha da provincia, o subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, recibía no seu despacho aos tenentes coroneis, Orentino Varela Pérez e Jesús Gómez Suárez, no día da súa despedida.

Orentino Varela deixa Ourense despois de 13 anos na Comandancia da Garda Civil da capital e vai destinado ao Sector de Tráfico de Castilla La Mancha en Toledo.

Por outra banda, Jesús Gómez, que permaneceu 20 anos na Comandancia da Garda Civil en Ourense, vai destinado ao Centro de Coordinación Rexional de Canarias da Garda Civil.

Artigos relacionados

Back to top button