En portadaÚltima hora

A revista “Entroido en Galicia”, editada por O Sil, na rúa

Portada da revista “Entroido en Galicia”, editada polo Periódico O Sil.

 

Xa está na rúa a edición do 2018 de “Entroido en Galicia. Onde ir. Que ver”, que edita o Periódico O Sil. É unha revista a todo cor de case 200 páxinas para achegarse ás principais citas do Entroido ourensán, tanto rural como urbano, así como ás manifestación de referencia do Entroido do resto de Galicia e doutras zonas próximas como Castela e León e o nordeste de Portugal.

Entre os seus diversos contidos inclúe estampas, reportaxes, información do Entroido nos diferentes concellos, entrevistas, artigos de opinión…

Se estás interesado en coñecer o Entroido de Galicia e do norte de Portugal podes facerte coa revista “Entroido en Galicia”, que xa está á venda en:

– Ourense: Quiosco Marcos, rúa Bedoya, 988 608147
– Verín: Librería AZ, 988 590371
– Xinzo de Limia: Librería Galaica, 988 460355
– Laza: Estanco, 988 422128
– Santiago de Compostela: Quiosco San Roque, 981 063 263/ Quiosco Concheiros

E en todos os quioscos e librerías do oriente ourensán e Quiroga.
Non quedes sen el!
Bo Entroido!

Algunhas das imaxes deste monográfico.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button