OurenseÚltima hora

Rexístrase un terremoto de magnitude 3,1 con epicentro en Calvos de Randín

 

Fonte da imaxe: Instituto Geográfico Nacional.

 

O Instituto Xeográfico Nacional vén de rexistrar esta tarde un tremor de terra de magnitude 3,1 con epicentro na zona ourensá de Calvos de Randín.

No Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia non se rexistraron chamadas que alertasen do movemento sísmico, tal e como se informa dende este organismo

Segundo a información recollida no 112 Galicia, o sismo tivo lugar ás 15:10 horas.

Artigos relacionados

Back to top button