ConcellosÚltima hora

Rey Varela reúnese cos alcaldes de Lobios e Carballeda de Avia

Entre os asuntos abordados estivo a potenciación do Servizo de Axuda no Fogar
A alcaldesa de Lobios na reunión co conselleiro de Política Social.
A alcaldesa de Lobios na reunión co conselleiro de Política Social.

Os alcaldes dos municipios ourensáns de Lobios e Carballeda de Avia, María del Carmen Yáñez Salgado e Luís Milia Méndez, respectivamente, reuníanse na mañá do 12 de novembro co conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, en San Caetano (Santiago).

Durante o encontro os rexedores ourensáns plantexaban diferentes cuestións no ámbito social relativas aos seus concellos e avanzábanlle ao conselleiro propostas para o seu estudo e posible encaixe dentro das liñas de traballo que ten en marcha a Consellería de Política Social.

Rey Varela tamén recibía ao alcalde de Carballeda de Avia.
Rey Varela tamén recibía ao alcalde de Carballeda de Avia.

Entre os asuntos tratados estivo, no que atinxe á mellora dos servizos de atención á cidadanía, a potenciación do Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Outra cuestión foi a de buscar vías de colaboración entre administracións no ámbito da infancia, no camiño de ofertar máis recursos de conciliación para os pais e nais que viven no rural galego, tal e como se informa dende a Consellería de Política Social.

Artigos relacionados

Back to top button