PolíticaÚltima hora

Riada Cidadá presenta a súa candidatura ás municipais no Barco

O seu cabeza de lista, Félix García, destaca que se trata dun equipo renovado e con representación dos diversos sectores sociais, produtivos e políticos “e formada por xente barquense”
Candidatura de Riada Cidadá, no acto de presentación sobre a pasarela peonil entre O Barco e Viloira.

“Presentámonos con moita ilusión e esperamos que o traballo feito durante os últimos catro anos froitifique. Temos un proxecto construtivo para O Barco”, aseguraba Félix García Yáñez, cabeza de lista de Riadá Cidadá no acto de presentación da candidatura coa que esta formación concorre as vindeiras eleccións municipais do 26 de maio.

O acto tiña lugar sobre a pasarela peonil que une Viloira co Barco e nel, García Yáñez destacaba Riada Cidadá conta cunha candidatura renovada, formada por un 50% de homes e un 50% de mulleres, que representan aos diferentes sectores sociais, produtivos e políticos, “todos do Barco”. O seu proxecto aposta “por un pobo para os veciños que manteña un crecemento equilibrado”, apostando polo medio ambiente con medidas como a recuperación “do río, que sexa un espazo de lecer”.

O candidato á alcaldía de Riada tamén se refería á importancia de “potenciar o traballo no municipio” e de “buscar alternativas económicas ao sector da lousa” con medidas como “o abaratamento do solo industrial do polígono”. Mencionaba ademais a creación dun centro de día público e municipal”. Ademais criticaba a xestión do actual goberno municipal, xa que “o Concello sofre un déficit de atención, xa que o alcalde está dedicado a viaxar e a outras cousas”.

 

Candidatura de Riada Cidadá ao Concello do Barco

Artigos relacionados

Back to top button