CulturaCulturaÚltima hora

Ribadavia acolle a 14º edición do Festival Arteficial o día 5 de setembro

O evento contempla varias exposicións e os concertos de Faia/Nacho/Lar e dÚAS sEMIcOLCHEIAS iNVERTIDAS

Deseño para esta edición. / Foto: cedida.

 

A localidade ourensá de Ribadavia acollerá un ano máis o Festival Arteficial, que este ano celebra a súa décimo cuarta edición. A cita será o día 5 de setembro na Alameda, con entrada gratuíta, e contará con actuacións musicais e varias exposicións. Debido á situación de crise sanitaria derivada da pandemia do coronavirus, o formato desta edición tivo que adaptarse ás circunstancias con novas medidas hixiene e un aforo restrinxido a 85 persoas. O festival está patrocinado polo Concello de Ribadavia, a Deputación de Ourense e Alhambra.

Os concertos correrán a cargo de Faia/Nacho/Lar, referentes da vangarda musical galega, dos portugueses dÚAS sEMIcOLCHEIAS iNVERTIDAS, especialistas en improvisación electroacústica. Ambas actuacións serán ás 20:00h e rematarán arredor das 22:30h. A programación tamén contempla unha exposición nos balcóns que rodean á Igrexa da Madalena e que constará de seis fotografías das artistas locais Ainoha Viñuela e Blanca Selas, de A&B Comunicación e Deseño. Unha lona da artista Teresa Rego tamén estará exposta pendurando da torre da igrexa. O Arteficial prevee tamén unha última exposición no museo chamada “Leña Verde”, que reúne o traballo de nove artistas galegas.

Á chegada ao recinto, os asistentes recibirán unha pulseira que permita a entrada e saída. O emprazamento contará cunha barra para adquirir bebidas, sen embargo este ano non haberá postos de comida. Nos aseos estableceranse filas únicas de acceso e contarán con limpeza continuada a cargo dunha empresa certificada. Disporanse varias cadeiras numeradas para que cada persoa coñeza o lugar onde deberá sentarse durante os concertos.

A permanencia no recinto tamén estará suxeita ás medidas de hixiene para facer fronte á Covid-19 con uso obrigatorio de mascarilla e xel desinfectante que proporcionará a organización. As condicións de acceso poderán sufrir modificacións en función da aprobación de novas normas relacionadas coa crise sanitaria.

 

Artigos relacionados

Back to top button