OurenseÚltima hora

Ribadavia acolle a súa XXXI Festa da Istoria

Está a desenvolverse durante esta fin de semana

Durante o desfile.

 

Esta fin de semana está a desenvolverse a Festa da Istoria en Ribadavia. Esta celebración, que xa vai pola súa trixésimo primeira edición, está declarada de Interese Turístico Nacional.

No día de hoxe, 31 de agosto, tivo lugar o “Gran desfile da Istoria”, no que participou o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, con saída dende a rúa Baixada ao Consello ata a fachada do Castelo. A continuación, foi o turno do pregón e do nomeamento de notables da Istoria.

 

 

Durante a mañá houbo numerosas actividades, como teatro, baile medieval, música, animación de rúa ou cetraría. Así, ás 20:00 horas comezará o Gran Torneo Medieval de hípica celta, ao que lle seguirá un baile medieval acompañado de música.

Para pechar a festa, terá lugar un espectáculo de pirotecnia, circo e lume, ás 23:00 horas; e o concerto “Son da Istoria” da man de Pepe Vaamonde Grupo, ás 23:30 horas.

Artigos relacionados

Back to top button