Publicidade
RibadaviaSen categorizarÚltima hora

Ribadavia convoca axudas para a reactivación empresarial e comercial no municipio

Poderán solicitarse dende o 3 ata o 23 de xullo e os beneficiarios recibirán unha cantidade máxima de 600€

Praza principal do casco histórico de Ribadavia. / Foto: Carlos G. Hervella.

 

O Concello de Ribadavia saca adiante unha liña de axudas para PEMES e autónomos co propósito de reactivar o tecido comercial e empresarial do municipio. Poderán solicitarse, por rexistro electrónico ou presencial, entre os días 3 e 23 de xullo de 2020.

A liña conta cunha dotación total de 120.000€ e cada beneficiario poderá optar ata un máximo de 600€ atendendo a certos criterios de progresividade específicos que se establecen nas bases da convocatoria. Entre os requisitos para a súa solicitude atópase a obrigatoriedade de estar censado en Ribadavia e que tanto o domicilio fiscal como o desenvolvemento empresarial se atopen dentro do termo municipal.

O anuncio publícase hoxe, xoves 2 de xullo, no Boletín Oficial da Provincia e toda información relativa a estas novas axudas municipais poderá consultarse na web municipal de Ribadavia.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close