OurenseÚltima hora

Ribadavia participará no programa de mobilidade transnacional xuvenil “Galeuropa”

É o único concello de Galicia que acadou esta subvención de 52 689 euros

O Concello de Ribadavia participará no programa de mobilidade tansnacional xuvenil “Galeuropa”. É o único concello de Galicia que acadou esta subvención de 52 689 euros, a cal está dentro do programa de Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado dependente da Consellería de Política Social.

 

Durante a presentación.

 

O obxectivo deste programa é o de enviar a doce mozos e mozas a prácticas laborais, durante dous meses e medio, a tres cidades de tres países diferentes: Sofía (Bulgaria), Lisboa (Portugal) e Faenza (Italia). Así, esta actividade foi presentada onte, 30 de xullo, por César Fernández, alcalde de Ribadavia; Yolanda Gómez, concelleira de Cultura; e por Manuel Araujo, director da OMIX.

O alcalde de Ribadavia, César Fernández sinalou que “dende o goberno municipal apostaremos de xeito firme por potenciar o papel da OMIX como impulsora de politicas dinamizadoras da xuventutde, porque consideramos que a administración municipal debe traballar a prol do desenvolvemento persoal da mocidade. Con programas coma este estamos a posibilitar que a mocidade de Ribadavia e da comarca do Ribeiro poida vivir experiencias formativas e laborais no estranxeiro co enriquecimento persoal que isto supón”.

As persoas interesadas en participar no proxecto deben remitir un correo electrónico ao enderezo: omix.ribadavia@gmail.com

 

Artigos relacionados

Back to top button