CulturaCulturaÚltima hora

Ribadavia proxectará “Alita: Battle Angel” no autocine

Terá lugar mañá, sábado 22 de agosto, no campo de fútbol de San Cristovo ás 23:00

O Concello de Ribadavia proxectará mañá, sábado 22 de agosto, “Alita: Battle Angel” na sesión de autocine. Así, terá lugar no campo de fútbol de San Cristovo ás 23:00 horas.

A entrada será gratuita ata completar aforo do recinto. Para poder acceder poden recollerse as entradas na oficina de turismo de Ribadavia en horario de 10:00 a 15:00 horas, e de 17:00 a 20:00 horas.

 

Cartel da actividade.

 

O filme “Alita: Battle Angel”, está clasificado para todos os públicos e pode disfrutarse en familia. Alita é un cyborg que desperta na clínica dun médico sen saber quen é. A Cyborg deberá empregar as súas extrordinarias habilidades para combater contra inimigos terribles, en tanto trata de descubrir a verdade sobre o seu pasado.

O alcalde de Ribadavia, César Fernández, sinalou que “vai ser a primeira vez que se celebre unha sesión de autocine no concello de Ribadavia, polo que desexamos que a veciñanza disfrute desta actividade para realizar en familia. Ademais, con esta actividade continuamos a promover unha axenda cultural dinámica e segura en Ribadavia, porque creemos que a cultura debe continuar, sempre con todas as medidas de seguridade, neste tempo de crise sanitaria”.

Artigos relacionados

Back to top button