CulturaCulturaÚltima hora

Ribadavia regresa ao medievo

Desfiles, mercado artesanal, actividades lúdicas e música na XXVII Festa da Istoria
Actuación diante do Castelo de Ribadavia na pasad edición da Festa da Istoria. /Foto: Carlos G. Hervella.
Actuación diante do Castelo de Ribadavia na pasad edición da Festa da Istoria. /Foto: Carlos G. Hervella.

A tres meses vista da celebración da XXVII edición da Festa da Istoria, que durante os días 28 e 29 de agosto tomou como escenario as rúas e prazas de Ribadavia, comezaban os preparativos na vila con traballos de pintado de bandeiras e estandartes, elaboración de traxes para as actividades da Istoria, obradoiros (de coiro, talla en madeira…), así como os ensaios das obras a recrear durante esa intensa fin de semana polos voluntarios que colaboran ano tras ano con este evento.

A Festa da Istoria recorda a historia da vila e da súa bisbarra, achegando ata o presente as tradicións e vivencias de épocas pasadas nunha recreación medieval onde se atopan representadas as distintas culturas, relixións, oficios e clases sociais daquela época. Por iso ao longo de toda a fin de semana, veciños e visitantes de Ribadavia vestíranse cos traxes típicos, cambiaron euros por maravedíes para as compras no mercado e viviron como se facía antano, recuperando os bailes, a cetrería, as artes de loita medievais ou a música.

Ao longo de dous días non faltaron nin os postos de artesanía e produtos naturais no mercado medieval, nin a cea, teatro, xogos para os cativos, torneos, bailes de Donas e Cabaleiros, así como a popular voda xudea, o pregón na fachada do Castelo ou a entrega de medallas.

Artigos relacionados

Back to top button