Galerías de fotosÚltima hora

Ribadavia revive o seu pasado medieval

Dous días de intensa actividade e moito público na Festa da Istoria

Ano tras ano A Festa da Istoria traslada Ribadavia á Idade Media para rememorar a historia da vila e a súa bisbarra, achegando ao presente as tradicións e vivencias de épocas pasadas nunha recreación medieval onde se encontran representadas as distintas culturas, relixións, oficios e clases sociais daquela época.

Así na mañá do venres 29 de agosto, comezaba o Concurso de pintura rápida polas prazas e rúas do centro histórico e abríase oficialmente o Mercado Medieval nas rúas Alameda e Salgado Moscoso, marcando o comezo dunha fesa que non remataría ata o sábado 30 de agosto pola noite co concerto de Quempallou na praza de San Martiño.

E entre medias infinidade de actos para tódolos públicos, como unha forma de recuperar as tradicións ancestrais que formaron parte da historia de toda a comarca. Como actos centrais están o torneo medieval, a recreación da voda xudea, os bailes na praza ou as exhibicións de cetrería, sen esquecer a famosa cea medieval no castelo, onde é imprescindible acudir vestido de época. Unha condición que moitos dos visitantes cumpren conscientes de que o nivel de detalle é tal que incluso acuñan a súa propia moeda, o maravedí, para as distintas transaccións comerciais.

Con estes ingredientes non é de extrañar que centos e centos de visitantes se deixarán ver polas medievais rúas de Ribadavia. En grupos, en parellas ou en solitario, ao longo das dúas xornadas o público asistente pudo disfrutar coas numerosas actuacións de grupos de animación e de música medieval dende a apertura hasta ata o peche do Mercado Medieval.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button